Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

 

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. é un ente público cuxo obxectivo é a xestión e explotación dos medios de comunicación públicos de Galicia e contribuír á normalización lingüística e á cohesión do seu tecido social e xeográfico.

CANLES DE TELEVISIÓN

Televisión de Galicia

Televisión de Galicia

Canle xeneralista público cuxa programación abarca todos os aspectos da sociedade galega. Así, informativos, magazines, deportes, cultura, música e programas especiais que conforman espazos que permiten estar ao día da actualidade de Galicia, de España e do mundo.

 

G2

 A canle centra a súa grella nos contidos infantís e xuvenís. O espazo Xabarín Club é un dos alicerces da porgramación. A canle tamén presta especial atención aos espazos culturais e deportivos, centrandose nos puntos de interese do público galego.

 

GTV America

GTV America

Emisión da canle xeneralista especialmente deseñada para o continente americano para achegar á realidade de Galicia a todos os galegos que viven naquelas terras.

GTV Europa

GTV Europa

Emisión da canle xeneralista especialmente deseñada para o continente europeo para achegar á realidade de Galicia a todos os galegos que viven en Europa asi como ao resto dos cidadáns deste continente.

RADIO

Radio Galega

Radio Galega

Trátase dunha radio xeneralista que inclúe preferentemente programas informativos e de servizo público, programas culturais e deportivos, con atención especial ao que interese aos habitantes Galicia.

Radio Galega Música

Radio Galega Música

É a radio musical da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.