Organización
Para a consecución destes obxectivos, a Federación se estrutura mediante os seguintes ORGANOS:
PRESIDENCIA: Máximo órgano representativo da Federación. É rotatoria, cada 6 meses, entre os Directores Xerais dos Entes Públicos asociados
Na actualidade, o Presidente da Federación é D. José Daniel Martín González, Director General de la RTRM.
XUNTA XERAL: Máximo órgano directivo da Federación, está formado polos Directores Xerais dos Entes Públicos asociados.
SECRETARÍA XERAL: Órgano executivo da Federación. Entre as súas funcións fundamentais están:
A Coordinación e canalización de toda a información entre as Comisións de Traballo e os órganos directivos da Federación.
Ejecución dos plans deseñados pola Xunta Xeral.
Na actualidade o Secretario Xeral da Federación é D. Enrique Laucirica Aranaz.
E, para rematar,
COMISIÓNS CONSULTIVAS E DE TRABALLO, que teñen carácter temático e están compostas por representantes de cada un dos socios:
Comisión Xurídica
Comisión Económico-Financiera
Comisión Comercial
Comisión de Audiencias
Comisión de Compra de Dereitos de Produción Allea
Comisión de Informativos
Comisión de Deportes
Comisión Técnica
Comisión de Compra de Dereitos Antena e Produción de TV Movies
Comisión de Programas
Comisión de Seguimiento da Televisión Digital Terrestre.
Esta estrutura permite que a Federación estea presente en todas as actividades dos seus socios, aportando facilidade na comunicación entre elas, rapidez na ejecución das decisións unha vez adoptadas, optimización dos recursos e redución de custos.
O froito do traballo conxunto permite a participación das Televisións asociadas en importantes contratos de adquisición de dereitos de emisión, así como o intercambio permanente de contidos informativos, a produción conxunta, ou a comercialización de espazos publicitarios, entre outras moitas actividades.
DELEGACIÓNS DE INFORMATIVOS
Ademais, a sé da Federación recolle no seu seo ás delegacións das Televisións Autonómicas en Madrid, dotando ás mesmas dun espazo físico e dunha potente infraestructura técnica para o desenvolvemento da súa actividade informativa.